CONVIRTE A TÚA MARCA NUNHA ARMA PODEROSA
En Fandom apostamos por rendibilizar ao máximo a inversión en tempo e diñeiro grazas a potentes narrativas de marca e a un deseño coherente ao servizo desa narración. Se o público consegue evocar toda a historia que contén unha marca vendo unicamente o logo, unha aplicación ou un packaging concreto, precisarase menos tempo en contar outra vez o mesmo relato. Menos tempo para contar unha historia significa tamén menos cartos invertidos en mercar medios e espazos publicitarios e maior eficacia en cada impacto comunicativo.
Traballamos no posicionamiento dunha marca desde o concepto ata as súas últimas expresións visuais
NAMING
En Fandom traballamos no posicionamento dunha marca a tódolos niveis. E iso empeza cun servizo crucial: o naming, que determina boa parte da personalidade e presenza futura da marca. Progama Pulsar (unha iniciativa da Fundación Everis para crear unha rede de mentoría entre mulleres), Lead Motiv (unha axencia de marketing online) ou Stay & Joy (unha empresa de relocalización de executivos estranxeiros en España), son algunhas das noas creacións máis recentes.
Algúns dos nosos nomes
Un dos elementos fundamentais de calquera identidade de marca é nomear e nomenclatura. Un bo nome é o primeiro paso para construír unha gran marca.
ID VISUAL
Non facemos un logotipo; facemos “o teu logotipo” (e todo o sistema visual da túa marca). En Fandom traballamos de forma que non realizamos un deseño para unha marca; facemos “o seu” deseño, único, propio, en consonancia coa personalidade e valores da marca. Para competir non hai que aparentar o que non se é, se non potenciar as fortalezas propias. Este foi o caso de Lead Motiv, unha axencia de marketing cun decidido coidado do deseño nas súas accións de marketing de contidos. Fandom desenvolveu para Lead Motiv unha identidade de marca de alto impacto, única no seu sector e que incide nos puntos diferenciais da súa oferta, en todo aquilo no que son únicos.






ID VERBAL
E no desenvolvemento e construcción dunha marca, para Fandom é crucial entender como debe falar esa marca e definir unha identidade verbal que sexa tan potente como o apartado visual. Un bo eslogan, por exemplo, pode facer xirar unha narrativa de marca cara o posicionamento adecuado (como foi o caso de “Yo estuve allí” para Sociedad Histórica), ou resumir a esencia de todo o que pretende ser unha marca (como o caso de “Un sabor de otro tiempo” de Luz de Alba).
Ten a túa marca o seu propio spray anti-tiburóns?
Unha marca poderosa derrota aos teus peores inimigos e convírtese na aliada perfecta para librar todo tipo de batallas. Non prometemos que do teu logotipo poda facerse un batarang, pero si que a potenciaremos ao máximo para convertila nun dos principais activos da túa empresa.
-
Casos relacionados
- LUZ DE ALBA
- ESPACIO RECOVECO