MÉTODO, DATOS E, QUIZAIS, UN VIOLÍN
Fandom e unha axencia que considera que non pode realizarse un bo traballo en materia de branding, ou na comunicación en xeral, sen dispor dun método contrastado, sen ser exhaustivos na recollida e análise de datos e, abofé, sen esa parte de talento e intuición que permite xerar estratexias novidosas e moi eficaces.
Dispor dunha estratexia definida e unha identidade convincente facilita que a comunicación da marca sexa coherente e que tódolos esforzos conflúan nunha mesma dirección, aforrando no tempo unha gran cantidade de recursos. Porén, case peor que non ter unha estratexia é ter unha estratexia equivocada.
Consultoría estratéxica de marca con moito de método, quilos de datos, un feixe de analises e unha migalla de intuición
En Fandom, para abordar a xestión integral dunha marca: 1º Definimos que é a marca, os seus valores, o seu significado / 2º Trasladamos eses significados a unha narración / 3º Vinculamos un deseño a unha imaxe única nesa narración / 4º Establecemos as pautas para que toda a actividade comunicativa da marca constrúa esa narración e respecte o seu deseño / 5º Favorecemos que, arredor da marca, grazas a súa narración e a experiencias do consumo xermole unha comunidade de fans. Hai que coidar a marca porque é a pedra angular que sustenta toda a actividade comunicativa da empresa.


CREATIVIDADE AO SERVIZO DA EFICIENCIA
Para calquera marca, saber onde está e onde quer estar, é o paso previo antes de lanzarse á acción. Por iso, o servizo de estratexia de marca é fundamental na hora de construír marcas sólidas que xeren beneficios empresariais. Este foi o caso dun dos proxectos máis apaixoantes de Fandom: o posiconamento de Sociedad Histórica.
Sociedad Histórica de Viajes Expediciones é, sen dúbida, unha desas marcas con moito que contar. Tanto, que padeceu o desdibuxar e ocultar a oferta, no canto de potenciala coa súa narrativa de marca. Perseguindo o obxectivo de ser unha axencia de viaxes diferente, aos clientes, directamente, custáballes percibir esta marca como unha axencia de viaxes.
Unha cuestión de método …
Por boca de Sherlock, Conan Doyle xa explicou que “é un erro capital o teorizar antes de posuír datos. Insensiblemente, un comeza a deformar os feitos para facelos encaixar nas teorías no canto de encaixar as teorías no feitos”. Por iso, en Fandom ofrecemos un servizo de estratexia que ten moito de método e técnicas contrastadas, moito de recollida e análise de datos e una migalla, pero so un pouquiño, de intuición.