Servizos de comunicación

AS HISTORIAS DISCORREN AGORA POR CAMIÑOS DIFERENTES

Para conectar marcas cos seus públicos e establecer vínculos que vaian máis alá dun intercambio comercial, Fandom traslada narrativas de marca a accións de deseño, publicidade, prensa, eventos, social media e en calquera medio, plataforma ou soporte. E facémolo empregando técnicas de vangarda da industria do entretemento, como as narracións transmedia, novas ferramentas, como a gamificación, e sendo conscientes de que as accións de branded content deben ser rendibles e medibles.



Agencia Fandom

Especialistas en cultura popular e narracións transmedia

As narracións transmedia (unha historia contada a través de distintos relatos que se distribúen por varios medios) é un dos fenómenos comunicativos do noso tempo. Entender que é unha narración transmedia (e que non), ubicar no centro do transmedia aos receptores e afrontar a desaparación da fronteira entre ficción e non ficción son algunhas das chaves para poder aproveitar todo o potencial das narracións transmedia na comunicación empresarial. En Fandom somos especialistas en transmedia e noutras técnicas de vangarda como a gamificación, chave para entender como funcionan as narracións (signifacos compartidos) hoxe en día. “Stories become games; game become stories”, como ben explicou Frank Rose para propoñer que hoxe en día as narracións tenden a facerse inmersivas. Isto aplícase na ficción, pero vale igualmente para o branding.

Novos medios

Fandom é unha axencia integramente formada por nativos dixitais: novos profesionais para os que falar de 2.0 soa tan antigo como o VHS ou He-Man. Hoxe en día, ata o analóxico é dixital e é chave entender as lóxicas e formatos e, sobre todo, os cambios de mentalidade que implican. Entender como interactúan público, marca e canles é esencial para ofrecer con éxito os nosos servizos de comunicación:

  • Web / UX / UI
  • Transmedia Storytelling
  • Gamificación
  • Branded Content
  • Social Media
  • Fotografía / Video / Motion Graphics
Agencia Fandom. Branding, branded content y comunicación

As formas comunicativas da era da imprenta xa non funcionan. Fandom é via para adaptarse aos novos tempos

A era da imprenta deixou paso a un mundo dixital na que a liquidez dos formatos condénanos, como no mundo pre-alfabético, á importancia do presente. No mundo da oralidade, cando o único soporte da comunicación era o son, cando se contaba algo, inmediatamente deixaba de existir… Bluff!!! A evanescencia do son. Na actualidade, como antes, o que non se comunica non existe. Desaparecer da conversación global supón exactamente iso: desaparecer. Tanto na antiguedade, cando non había escritura, como na actualidade hai unha serie de produtos que demostraron unha capacidade asombrosa de impactar na memoria da xente e de propagarse de forma sostida: As narracións populares.

Horrores Ejemplares  foi un caso no que, precisamente, a chave do seu éxito residiu nunha actuación coordinada en todo tipo de medios, soportes e plataformas. O Ayuntamiento de Alcalá de Henares, a cidade natal do escritor, propúxolle á axencia a necesidade de achegar a figura de Cervantes aos máis mozos. Fandom púxose mans á obra e creou un dos eventos máis sorprendentes do IV Centenario.

Una narración inmersiva pionera

Nas vésperas de Defuntos resucitamos a un antigo inimigo de Cervantes e organizamos unha batalla pola supervivencia da memoria do escritor á que acudiron máis de 10.000 persoas e que se desenvolveu tanto nese evento masivo coma nunha multitude de relatos que conformaron unha narración transmedia pioneira en España.

Mago de Oz y Agencia Fandom

AS BALDOSAS AMARELAS DE FRANK BAUM

A comezos do século XX, Frank Baum creou co Mago de Oz unha sorprendente franquicia transmedia, adiantándose case nun século ao que hoxe son as técnicas narrativas máis complexas e exitosas. Na actualidade, as historias convirtense en xogos, os xogos en historias, as marcas en narracións e as narracións en marcas… en definitiva: hoxe as historias transcorren por un camiño de baldosas amarelas que pasa por tódolos medios en canles posibles mantendo a esencia desa narración. En Fandom contamos co equipo e os recursos necesarios para que a túa marcar percorra con éxito todo eses camiños.