Como construír unha marca desde un sector pouco coñecido
Sport Homes é unha marca que precisaba darse a coñecer dentro dun sector descoñecido. Fandom tiña unha dobre misión: fomentar o coñecemento de Sport Homes entre os entendidos das mobil homes e, ao mesmo tempo, conseguir que o sector sexa máis popular para o público xeral. Fandom desenvolveu a nova páxina de Sport Homes, a ferramenta que subministra contido ás redes sociais da marca. Conseguiuse multiplicar ás visitas á web e os seguidores da páxina de Facebook, o que repercutiu moi positivamente nas vendas de Sport Homes, cun incremento da facturación do 40% de media nos dous anos que Fandom leva traballando a comunicación desta marca.
Background
Sport Homes é unha empresa con máis de 20 anos de experiencia no sector das mobil homes e as casas prefabricadas. Este sector, moi desenvolvido nos Estados Unidos e nalgúns países europeos como Francia, é pouco coñecido en España. Non son moitos os consumidores que se propoñen adquirir unha mobil home, aínda que sexa a opción mais razoable pola súa situación económica ou familiar. Un sector con certo nivel de competencia, con consumidores que si presentan un alto grao de coñecemento, pero que nin de lonxe pode considerarse algo xeralista, Fandom desenvolveu unha estratexia comunicativa orientada a situar a Sport Homes como líder sectorial ao mesmo tempo que se promove e difunde o coñecemento xeral dese mesmo sector.
A web no centro da estratexia de contidos
O punto de partida na estratexia de contidos foi a creación dunha web funcional que substituíse o site alonxado dos estándares mínimos de usabilidade e deseño co que contaba Sport Homes. Para a nova web propúxose un desenvolvemento a partir de CMS, concretamente WordPress, para facilitar a súa constante actualización de contidos. No deseño primou dotar de protagonismo ás casas xa que o obxectivo do site son dous: favorecer o posicionamento de Sport Home en buscadores (si, cando dicimos “buscadores” queremos dicir Google) e dotar ao departamento comercial dun catálogo actualizado online co que poder xestionar vendas con clientes a distancia. Hai que ter en conta que no mundo das mobil homes de ocasión, cada casa ten un estado e unhas particularidades únicas, polo que dispor das fotos do modelo no que o cliente está interesado é un factor chave para favorecer as vendas.


Dado que no deseño da web as casas que Sport Homes ten á venda son as auténticas protagonistas, era imprescindible contar con fotografías dunha calidade profesional para mostralas adecuadamente. Como ademais o stock de mobil homes renóvase con moita frecuencia, dispúxose para Sport Homes un servizo fotográfico recurrente que asegurase que o catálogo online que é a web dispuxese das fotografías de tódolos modelos da exposición.
Restyling
Como guinda á fase inicial de relanzamento da nova web e da nova estratexia de contidos de Sport Homes, Fandom realizou un restyling básico do logotipo para normalizalo, dotar ao sistema visual da marca dunha paleta de cores e usos tipográficos coherentes, e que, no conxunto, a nova marca ofrecera unha imaxe de profesionalidade e calidade.
Líderes en social media
Tras a fase inicial coa marca xa peraprada e a súa plataforma web operativa, Sport Homes necesitaba fundamentalmente difusión, tanto da súa marca como a nivel sectorial. Para isto, Fandom implementou unha estratexia moi efectiva en Facebook que multiplicou o número de seguidores da súa páxina nesta rede social, co conseguinte aumento no alcance das publicacións sobre mobil homes.
Coa páxina web de Sport Homes como principal provedor de contido, a páxina de Facebook da compañía conseguiu máis de 5.000 seguidores nos seus dous anos de vida, varios miles máis que a maioría de empresas da competencia e ata 10 veces máis que un dos principais competidores de Sport Homes.
Fandom segue xestionando as redes sociais de Sport Homes, dando continuidade á estratexia exitosa coa que empezou o proxecto. De 2016 a 2017, a páxina de Facebook creceu un 400% co conseguinte aumento no alcance de impacto das publicacións. Ademais, a web rexistrou máis de 353.000 visitas de xaneiro de 2016 a novembro de 2017 e está situada entre os 10 primeiros resultados de Google en máis de 50 palabras chave con altos volumes de consulta.
Marca e sector, da man
Na fase de auditoría estratéxica Fandom percatouse do escaso grao de coñecemento que o mercado ten dos produtos de Sport Homes. Así, a estratexia nas redes sociais non pasa unicamente por promocionar as casas prefabricadas de Sport Homes, se non que tamén intenta promocionar este sector á alza, que cada vez capta máis atención entre o público.
O feito de que o sector ao que se dedica Sport Homes apenas sexa coñecido da sentido a dita estratexia.
Para promocionar as casas prefabricadas de Sport Homes infórmase sobre o sector en xeral, o que favorece o coñecemento das mobil homes e repercute positivamente na compañía, xa que marca e sector quedan irremediablemente vinculados na mente dos consumidores.
Esta estratexia lévase a cabo desde a páxina de Facebook de Sport Homes e desde o blog da páxina web, actualizado de forma regular por Fandom, abordando temas de todo tipo relacionados coas mobil homes. Neste espazo da web profundízase en curiosidades, ofertas, eventos, noticias…


Unha estratexia eficaz nun sector pouco coñecido
A estratexia levada a cabo por Fandom mellorou a posición de Sport Homes diante dos seus competidores directos. É unha das empresas mellor posicionadas do sector na internet, grazas tanto a súa web coma as súas redes sociais. Sport Homes rexistrou máis de 350.000 visitas na súa web no último ano, gran parte delas procedentes das accións en Facebook, unha rede social na que, a principios de 2017, conta con 5.600 seguidores. Ademáis, Sport Homes está situado entre os 10 resultados principais de Google en máis de 50 palabras chave con volúmenes de consulta considerables. Estas cifras reforzan a estratexia de Fandom para Sport Homes. E todo isto, obviamente, traduciuse nun incremento da facturación, aumentando na venda de casas anual nun 40% nos dous anos nos que Fandom leva traballando a comunicación de Sport Homes.