Como construír unha identidade de marca neutra e rechamante ao mesmo tempo
Cando Recoveco, un espazo de eventos situado no Barrio das Letras de Madrid, ía abrir as súas portas lanzoulle un reto a Fandom: Podedes facer unha identidade de marca que sexa o suficientemente neutra como para acoller todo tipo de eventos no noso local, pero ao mesmo tempo ser rechamante e impactante? Fandom aceptou o reto e xerou un sistema visual de marca rico e suxestivo combinando as dúas peticións deste espazo que, en pouco tempo, foise consolidando como una das salas de eventos máis dinámicas e atractivas do centro de Madrid.
Un novo espazo de eventos en Madrid
En pleno centro de Madrid, no Barrio das Letras, xunto ás Cortes e detrás dalgúns dos museos máis importantes do mundo. Ese é o emprazamento de Espacio Recoveco, un local para todo tipo de eventos que naceu en 2016. Para crear esta nova marca, esta empresa xove contou coa Axencia Fandom e propoñía o seguinte reto: a nova marca debía ser rechamante, responder á personalidade da xerencia da empresa, pero ao mesmo tempo o suficientemente neutra como para acoller no espazo todo tipo de marcas e actividades.




Volumes e baleiros
Para o logotipo e o sistema visual de Recoveco, Fandom tomou como refrencia os xogos de volumes que existen no local situado no centro de Madrid e a isto sumoulle a idea dunha identidade neutra e que permita ser completada polos que aluguen o espazo. O resultado é un logotipo que combina dous rectángulos baleiros co engadido dun cadrado recheo de cor e un xogo tipográfico no que algunhas letras recórtanse á metade para que sexa o lector o que complete o nome de Recoveco, igual que no espazo complétase coas actividades que se albergan alí.
OTEIZA E CHILLIDA
Unha busca de referentes da Escola Vasca de EsculutraO xogo de espazos, formas, volumes, liñas incompletas, trazados esbozados, etc., bebe moito dos traballos artísitcos da denominada Escola Vasca de Escultura, en especial dos seus máximos expoñentes: Jorge Oteiza e Eduardo Chillida. Ámbolos dous estaban unidos (se ben no persoal non é que coincidiran demasiado) por propostas non figurativas nas súas esculturas, con xogos de volumes imposibles e equilibrios dinámicos de formas xeométricas.

A identidade visual de Espacio Recobeco ten como punto centrar as formas xeométricas do local no que se sitúa esta sala de eventos. A partir do plano do espazo construiuse un logotipo cunha clara inspiración arquitectónica e que xoga, por un lado, cos volumes e liñas rectas, e, por outro lado, cos espazos baleiros da tipografía.
Versatilidade e dinamismo
As cores básicas do logotipo son o branco e o negro, pero as necesidades comunicativas de que calquera marca na actualidade obriga a ter identidades flexibles e que podan xerar impactos positivos en moitos niveis.
Por iso, para Recoveco dispuxéronse versións do logotipo alonxadas do uso principal en branco e negro, cunha gama cromática intensa e eléctrica e cunha iconografía inspirada na que a tipografía do logotipo e nos volumes do espazo.
Desta forma, A Identidade Visual de Marca de Recoveco é unha clara aposta pola solidez e rotundidade das formas básicas combinada coa visión fresca e dinámica da tipografía con letras incompletas e coa aposta por unhas cores secundarias potentes e rechamantes. A Identidade Visual de Recoveco é, como a marca, versátil, contundente e dinámica e, ao mesmo tempo, discreta e concisa.


Un recén chegado convírtese en referente
Espacio Recoveco é unha marca recén
chegada ao sector das salas de eventos e conseguiu consolidarse rapidamente como unha alternativa grazas ao carisma e a orixinalidade que desprende a súa proposta. A identidade desenvolvida por Fandom para Recoveco signifcou, segundo a súa socia Elisa Sanabria, “o impulso para poder chegar a moitos clientes cando acabas de nacer pero xa tes unha presenza grazas ao logotipo, a papelería, a web, os textos para explicar ben o que fas”. Patricia Martín, a outra impulsora do proxecto, resume o traballo de Fandom asegurando que “definitivamente, la nota es: muchos chachis”.