ALCALÁ COMICS Pode un pequeno negocio competir contra Amazon?
  • #BrandExperience
  • #ComunidadDeMarca
  • #LosPequeñosTambienPueden
  • #LosPequeñosTambienPuedenBrandExperience
  • #BrandExperience
  • #ComunidadDeMarca
  • #LosPequeñosTambienPueden
  • #LosPequeñosTambienPuedenBrandExperience
ALCALÁ COMICS

Pode un pequeno negocio competir contra Amazon?

Para moitos retailers loitar contra xigantes do comercio electrónico parece unha tarefa imposible.
Obviamente non se trata de competir na igualdade, pero si de garantir a supervivencia de pequenos comercios con alma. No caso de Alcalá Comics, unha tenda de banda deseñada e xogos con 20 anos de vida, o traballo desenvolvido por Fandom contribuiu decisivamente a evitar o peche do negocio e a un aumento da facturación superior ao 20% no ano seguinte ao lanzamento do restyling.

Proyecto Restyling e reposicionamento da marca Alcalá Cómics Categorías Branding. Branded Content. Gamificación. brand experience.
Fecha 2016

A chave: converetir unha tenda nun punto de referencia para unha comunidade de consumidores

Unha tenda en crise

A crise económica que afecta a España desde 2008, o auxe do comercio electrónico (especialmente Amazon) e os problemas propios do sector editorial facían que en 2014 Alcalá Cómics, unha tenda de cómics con 20 anos de vida, atopásese ao borde do peche. Antes de tomar a drástica decisión, os xerentes de Alcalá Cómics apostaron por cambiar de local e modernizar a súa marca nunha aposta de agora ou nunca.

Branding publicidad en Alcalá de Henares. Alcalá comics

A autenticidade como valor

En branding soe ser unha mala decisión alonxarse daquilo que en realidade es. Cando se afrontou o restyling de Alcalá Cómics barallouse a opción dun posicionamento máis mainstream, empregando referentes masivos da cultura popular. Porén, Alcalá Cómics empregaba no seu imagotipo desde as súas orixes un casco do Xuiz Dredd, un das franquicias máis macarras dos do mundo da banda deseñada. E, ademáis, Alcalá Cómics caracterizábase por ser una tenda na que as partidas de Magic The Gathering transcorrían ao ritmo dun fío musical con Black Sabbath ou Iron Maiden.

Eses trazos identitarios, aínda que suavizados para facer a marca máis inclusiva e aberta, non podían ocultarse: eran un elemento máis para traballar en restyling de Alcalá Cómics. Un dos principais erros que moitas marcas cometen na actualidade e diluír a súa personalidade para aproximarse a tendencias que estean de moda. Os consumidores de hoxe en día teñen una fina intelixencia para recoñecer a autenticidade dunha proposta. E se unha marca se convirte na copia doutro concepto, ao final, os consumidores penalizarán e tenderan, na medida en que poidan, a acudir á historia orixinal.

Modernizando ao xuíz MODERNIZANDO AO XUÍZ

A renovación da identidade visual de Alcalá Comics partía por tanto duns requerimentos estratéxicos chave: manter a personalidade que construíra nos seus 20 anos de actividade e ao mesmo tempo facela máis aberta e inclusiva. Mantívose a refrencia do Xuiz Dredd, pero no canto do casco optouse por unha versión do escudo que locen os xuíces-policía desa franquicia. Ademáis, engadiuse ao sistema visual da marca un “Desde 1995” en homenaxe a 2000AD, o semanario británico que publicaba as historietas do Xuíz Dredd.

Alcalá comics

A casa dos friquis

Onde a renovación de Alcalá Cómics debía mostrar todo o seu alcance e atraer tanto aos seus consumidores habituais como a novos públicos era na súa tenda. O novo local, con moito máis espazo que o anterior, non podía ser unicamente unha tenda. Tiña que converterse no lugar de referencia para tódolos amantes da cultura popular. Ademais dun confortable sistema de estantes para mercar e consultar publicacións, estableceuse unha zona de xogo, con mesas e cadeiras, nas que sempre hai xente xogando partidas de Magic ou os máis variados xogos de taboleiro.

Restyling imagen corporativa en Madrid
Restyling imagen corporativa en Madrid
Tienda de comics en Alcalá de Henares
Alcalá comics y Agencia Fandom
Alcalá Comics y su restyling
Pequeño negocios emprendedores en Madrid
Diseño de marca branding en Madrid

E para decoración quíxose dota ao novo local de elementos espectaculares que atraeran ao seu público obxectivo. Para a fachada deseñouse unha comisaría de MegaCity cun xuíz xigante que vixía na entrada e no interior do local, na zona de xogo, dúas grandes pinturas murais que flanquean aos xogadores e compradores: unha do Xuíz Dredd e outra dunha famosa carta de Magic: The Gatthering. Fandom encargoulle á artista plástica Zaida Escobar que lle dera vida a eses deseños co seu pincel e o resultado foi espectacular.

El libro de la ley

O seguinte paso foi desenvolver un sistema de recompensas para fomentar as vendas e fidelizar aos clientes. Fandom Comunicación deseñou e produxo un pequeno pasaporte chamado “El Libro de la Ley”, inspirado no universo do Xuíz Dredd. Con ese pasaporte os clientes reciben descontos e acumulan puntos en forma de “medallas” e “casos resueltos” cos que acceden a recompensas exclusivas como edicións limitadas de xogos e cómics, libros firmados, entradas para eventos e, por suposto, merchandising exclusivo da marca Alcalá Cómics.

E por útlimo, para presentar tódalas novidades, Fandom Comunicación organizou unha festa na que aproveitou para festexar tamén os 20 anos de vida de Alcalá Cómics. No evento houbo de todo: dous grupos de música, concursos, premios, descontos, emotivos discursos e un Xuíz Dredd como invitado poñendo todo en orde.

Comunicación con confianza
Cartel da festa de aniversario á que ata o xuíz Dredd foi

Alcalá Cómics, unha referencia

20% Aumento da facturación o primeiro ano
2 Empregados máis desde o segundo ano
500 “Libros de la Ley” agotados nun ano
1000 20% Aumento de la facturación el primer año 2 Empleados más desde el segundo año 500 Libros de la Ley agotados en un año 1000 Socios de Alcalá Cómics desde el lanzamiento de la campaña 20% Aumento da facturación o primeiro ano 2 Empregados máis desde o segundo ano 500 “Libros de la Ley” agotados nun ano 1000 Socios de Alcalá Cómics desde o lanzamento da campaña

Os resultados desta acción non se fixeron esperar: o primeiro ano desde a apertura do novo local e o cambio de identidade, Alcalá Cómics facturou un 20% máis. Cifras que foron en aumento nos anos seguintes e que supuxeron, ademais da supervivencia e saúde do negocio, converter este espazo nunha referencia para todos os amantes da cultura popular alén incluso da súa zona xeográfica de influencia. E pode que resulte máis rechamante comprobar como o núcleo dos clientes de Alcalá Cómics componse precisamente dos perfís máis habituados ao comercio electrónico. Isto é, xente que realiza ao longo do mes numerosas compras online, pero que para mercar os seus cómics ou os seus xogos de mesa segue acudindo a un pequeno comercio.