Traballando para marcas con moito que contar desde os primeiros días.
Fandom é unha axencia especializada en xerar contidos de marca con técnicas de vangarda da industria do entretemento, coma as narracións transmedia ou a gamificación. Ideamos e desenvolvemos potentes narrativas de marca e trasladámoas a accións de deseño, publicidade, prensa, eventos e social media e en calquera outro medio, plataforma ou soporte.
Fandom: Contamos historias, construímos marcas
Se a túa marca ten algo que contar, Fandom acompañarache para que esa historia cobre forma con palabras, imaxes e, sobre todo, ideas. Entendemos o branding, e a comunicación empresarial en xeral, como un proceso que vai alén dunha relación comercial entre unha compañía e os seus clientes. Aspiramos a conectar persoas a través de historias e experiencias.
Propoñemos un novo tipo de axencia paara unha nova relación comercial e unha nova forma de entender os negocios
Desde o noso logotipo ata as nosas conversas, pasando pola nosa imaxe, as nosas campañas e a nosa forma de entender a comunicación, a cultura popular forma parte do ADN de Fandom. Existen innumerables grandes historias, compartidas por millóns de persoas ao longo e ancho do mundo que espertan profundas paixóns. Pensamos que non aprobeitar ese potencial para a comunicación empresarial, e especialmente para accións de branded contant, é un gran desaproveitamento.




Marcas que xa saben o que é O Fandom Business
En Fandom traballamos con marcas de todo tipo, de tódolos sectores e tamaños e para proxectos convencionais e outros… outros definitivamente non tan convencionais. En calquera caso, o noso método e filosofía foron as chaves dunha relación cliente-axencia eficaz e existosa.
Valores
Fandom é unha empresa que desde as súas orixes aposta por novos modelos de negocio, novas formas de organización empresarial (estruturas de cristal, proporcionalidade en soldos de dirección e traballadores, flexibilidade e incentivos creativos) e pola innovación constante. E facémolo así por convencemento e porque, ao igual que sucede na ficción, cremos que no tempo os bos sempre gañan. Por iso temos unha serie de valores irrenunciables, que defendemos en cada traballo e que proxectamos en cada unha das marcas coas que colaboramos.
Os 21 valores do Fandom Business
En Fandom non confiamos no poder do lado escuro, non nos gusta o prezo do poder nin as súas cicatrices, non queremos ser simples mercenarios (excepto se é en plan Stallone ou Statham) e aspiramos a dalo todo en cada proxecto ao igual que Nicolas Cage en cada un dos seus papeis.
Trabajamos para el bien, pero…
Los socios y trabajadores de Fandom guardamos un oscuro secreto: todos hemos pactado que, cuando las estrellas estén de nuevo en posición y Cthulhu escape de su sello en la ciudad sumergida de R’lyeh, nos pondremos a su servicio. No obstante, mientras aguardamos el día en el que tengamos que hacerle el brandbook a Cthulhu, preferimos hacer el bien.